Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fóra de perigo

jueves, 26 de febrero de 2009
O idioma galego estivo en grave perigo de extinción en moi diversas ocasións, sendo unha delas -a mais recente- na xa lonxana postguerra na que o idioma patrio común tiña todo o apoio oficial dos vencedores mentras que o galego sufría aldraxes e humillacións que o relegaron a unha lingua de resistencia, combativa e somente conservada no rural e na xente mariñeira.

Os estudios sobre o idioma pintaban un panorama ben difícil para esta milenaria lengua de cultura con millóns de seguidores, da que mesmo se chegou a escribir un “Informe Dramático”.

No momento actual, división de opinións. Nunca tan ben estivo o idioma, tutelado e purificado, con presenza nas escolas e na cultura. Pero á vez, sen que as novas xeracións –a pesar do ensino- o utilicen a cotío.

De repente, xorde unha boa noticia porque a UNESCO ven de declarar que o idioma galego non está en perigo, retírao da lista de idiomas ós que hai que protexer, e recoñece que desde a lista anterior hai case oito anos- a situación mellorou de xeito decisivo.

Non dicimos que non teña razón a UNESCO na súa consideración sobre o idioma porque, visto desde fóra, o galego vive unha situación inmellorable.

Pero os que andamos a diario pola rúa, escoitamos e vemos, observamos que os nenos non falan galego a pesar de estudialo; non se vive unha situación de normalidade en moitos colectivos sociais, pero non ten aquela utilidade práctica dos sesenta e dos setenta en que o idioma era bandeira e loita, resistencia e distinción, era a expresión da xente da cultura e do máis alto ensino.

Hoxe, moito recoñecemento oficial e moito ensino, pero nada é como era. Aínda que o diga a UNESCO.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES