Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por fin, Galicia

lunes, 02 de marzo de 2009
Hai catro anos, un temblor social alterou radicalmente a conformación política de Galicia, e pola diferencia dun deputado, a conxunción entre o PSOE e o Bng conquistou a gobernación deste país ata entón en mans do Partido Popular.

Este domingo, os galegos pronunciáronse sobre o que queren que ocorra no próximo cuatrienio, e déronlle ampla maioría ó grupo ata entón arredado do poder para que sexa o PP de Rodríguez Feijoo o que leve adiante o proxecto para Galicia neste inmediato futuro.

Destaca o aspecto cuantitativo do pronunciamento, porque votaron o setenta por cento dos incluidos no censo, e fixérono –esto sí é o habitual- dentro da maior tranquilidade, sen a máis mínima alteración, como unha reválida perfecta do comportamento democrático dun pobo maior de idade.

Nos últimos tempos vivimos inmersos nunha crise económica pero tamén política porque unhas eleccións coma estas, decisivas, enfervorizan os militantes pero alteran de forma especial ós dirixentes, avivando fontanerías, azuzando confeccionadores de dossieres e dando voz a gargantas profundas que facilitan as novas máis peregrinas e os elementos argumentais máis impensados.

Por fin, despois deste tempo crítico, electoral e preelectoral, está Galicia. A Galicia que xa falou con claridade, que quere ser gobernada e quere ter unha oposición traballadora e coherente. En principio, xa temos todo eso. As bases están postas. Deixemos a uns e outros traballar en paz e fagamos –tamén entre todos- que non empece de inmediato a próxima campaña electoral. Tempo ó tempo. Agora é o tempo de traballar, porque agora é o tempo de Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES