Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Débeda histórica

miércoles, 18 de marzo de 2009
Agora que tanto se fala dos morosos chegando o nivel de impagos bancarios a alturas preocupantes, aparece o pago da débeda histórica que o goberno do Estado español tiña coa Comunidade andaluza por un importe de mil doucentos millóns de euros, afirmando non vai haber máis casos coma este. E entón xorde o tema do Estado moroso con determinadas comunidades entre as que destaca Galicia, xa que se de débeda histórica falamos, a de Galicia cifrouse xa hai uns anos en 21.000 millóns de euros.

Non é que a similitude de cor política -goberno amigo- facilite estes pagos, xa que durante catro anos houbo a oportunidade histórica de que un goberno encabezado polo Psoe en Galicia recibise compensación histórica do goberno (Psoe) do Estado. Cando Galicia mudou de cor política pensouse que este país ía poder recibir unha impulsión económica que lle permitiría solucionar problemas moi importantes de infraestructuras, pero só conseguiu que se elevara ó oito por cento a porcentaxe nacional de investimentos aplicados a Galicia.

A vantaxe de Andalucia é que esta débeda histórica estaba recollida no Estatuto de Autonomía, e máis axiña ou máis tarde había que liquidar un tema que sempre estaría pendente. Pero o de Galicia non pasa de ser unha realidade, un compromiso histórico, unha necesidade acuciante, un bo desexo que non sabemos se se fará realidade, ou cando.

O novo Estatuto de Autonomía de Galicia deberá contemplar toda esa realidade económica que en precario coidabamos posuir, baseada nas seculares carencias de infraestructuras e no especial custo de determinados serrvizos derivado da orografía, das distancias, dos innumerables núcleos de poboación.

Diante dun estado moroso, debedor a conciencia, o goberno galego que xurda das eleccións do un de marzo, ten que negociar de xeito firme na defensa dos intereses de Galicia. O que se nos debe, necesitámolo e hai que cobralo. A forza da razón está do lado dos acreedores, que somos nós, e non dos morosos debedores que acabarán por pagar.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES