Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xa o dixo Castelao

miércoles, 24 de abril de 2024
Hei de recoñecer que isto da macrocelulosa non me gusta e canto máis sei menos me gusta. Primeiro, porque coñezo ben a Ulloa e sei que é un paraíso natural con moito potencial endóxeno sen explorar e que pode dar moito máis do que ofrece Altri. Segundo, porque sabemos da experiencia de Ence e do cheiro característico que, queiran ou non, cambia o ambiente e terceiro, porque non escoito por parte dos defensores nada medianamente fiable, partindo de que non son capaces de dicir o número exacto de postos. É igual o número porque o perxuízo supón un dano irreversible mentres que os postos de traballo sempre dependerán das contas da empresa.

O caso é que Castelao define moi ben a palabra espolio: "primeiro dinche que a túa terra non vale nada, despois se non lla arrendas quítancha. Rebentan os montes, secan as fontes, sacan millonadas e enriba véndenche a lus a ti ó mesmo prezo que a un de Madrid".

Esta viñeta pódese ver no facebook de Ulloa viva que, acertadamente, a recupera na defensa da terra e en contra de Altri. A terra é o eterno, aquilo que nos dá vida e a vida pola que transitaron as xeracións que nos preceden. As mesmas que nola doaron en perfecto estado. Agora, hai xenios egocéntricos e soberbios que veñen cunha pretendida modernidade que arrasa coa natureza. O problema é crer as súas trolas e tratalos de filántropos cando son lobos. O que pasa é que a pel do lobo verémola cando xa teña arrasado con todo.

Eu quédome con Castelao e con todas as fontes limpas das que aprendín que o ben dun non pode ser o perxuízo do outro. Para min é a verdadeira ética e aprendina de xentes humildes que pasaron pola vida deixando grandes exemplos que non teñen que ver co conto da marquesa do que falamos o outro día e que tanto mal fai á sociedade... Algún día darémonos conta...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES