Unha senda recomendable
jueves, 09 de mayo de 2024
Estamos asistindo a uns cambios tan drásticos últimamente que algunhas persoas xa pensan que este mundo non é para elas.
A verdade é que costa moito asimilar certos cambios, teles como:
-PATERNIDADE/MATERNIDADE DO MESMO XÉNERO
Cada persoa adulta pode organizar a súa vida como mellor lle pareza; pero cando hai criaturas polo medio, a cousa cambia.
Hoxe en día están aparecendo criaturas que se fan preguntas que non teñen explicación.
A inmensa maioría teñen un papá e unha mamá, afortunadamente e medran no seo dunha familia máis ou menos equilibrada.
As criaturas precisan dun papá e dunha mamá.
Outras foron abandoadas por algún dos proxenitores, mala sorte.
Outras son orfas de pai e nai, peor aínda.
As circunstancias da vida...
Pero algunhas teñen: "dous papás" ou "dúas mamás".
¿Cómo explicarlle a unha criatura que é filla (biolóxica, se entende) de dúas mamás ou de dous papás?
A min paréceme que cando hai criaturas polo medio, hai elixir a senda recomendable que todos coñecemos.
-OS CAMBIOS DE XÉNERO.
Somos enxendrados con xénero masculino ou con xénero feminino.
Eso non o podemos elixir.
Vennos dado e a natureza vainos configurando moi sabiamente para que haxa aproximadamente o mesmo número de homes que de mulleres no mundo.
Tanto dá pertencer a un como a outro xénero.
O importante é que somos persoas ás que se nos regala a vida para disfrutala e agradecela.
Pero resulta que neste momento, según algúns, pódese ir contra natureza a través da cirurxía.
Hai varóns que queren ser mulleres e viceversa.
O ser humano considérase "tan sabio" que se atreve a facer algo que é irreversible.
¿E natural ou é contra-natura?
¿Imos pola senda aconsellable?
-SENTIRSE MAL POR RAZÓN DE XÉNERO
Certo que a todos nos gustaría ter un físico perfecto, unha intelixencia perfecta, unha saúde perfecta, unha economía perfecta, unh familia perfecta...
¿Pero pertencer a un ou a outro xénero?
¿Non somos complementarios?
¿Non estamos feitos da mesma masa?
¿Non temos a mesma dignidade?
Sentirse mal cun mesmo por razón de xénero, pode ser unha enfermidade a tratar; pero ser muller é unha bendición e ser home, tamén.
Cada persoa debe sentirse feiliz como é e co que a vida lle dá.
Aceptarse e agradecer todo o que nos regala a vida.
Esa é a senda recomendable.
-INFELICIDADE XERAL
Viñemos a este mundo por amor, para ser felices; pero a felicidade completa non é posible.
Sempre hai algo que mellorar.
Se nos sentíramos plenamente felices non saberíamos valorar o que é a vedadeira felicidade.
A felicidade hai que cultivala paso a paso coa consecución das boas obras no día a día.
Cada vez que conseguimos algún logro que nos enriquece internamente, imos medrando en felicidade.
E cada logro é unha dose de felicidade que mellora a nosa autoesima e tamén o noso prestixio social.
A felicidade está relacionada directamente coa conciencia tranquila.
A conciencia tranquila é a senda aconsellable.
-OS PENSAMENTOS NEGATIVOS.
Hai quen pensa que todo vai mal; pero non fai nada por cambiar.
Se miramos o lado negativo da vida, vemos todo negro.
Se miramos o lado positivo da vida, sempre lle encontramos sentido.
Certo que a vida presenta reveses.
¿A quen no llos presenta?
A vida ponnos probas; pero as probas superadas, fortalecen a personalidade e melloran a autoestima.
Cando algo nos costa moito e loitamos e loitamos por conseguir os obxectivos desexados: recibimos a recompensa.
A vida ten premio porque a mesma vida é un regalo.
Se sabemos ver o lado positivo da vida, iremos pola senda aconsellable, porque non hai cartos no mundo que a paguen, xa é un premio.
"TOCOUNOS O PREMIO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora