Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 10 de mayo de 2024
Nas miñas saídas

Botei a andar polo lado dereito da estrada e, ós poucos metros, seguín andando polo mesmo lado da rúa. Ós cachos andaba amodiño e, cando quería, aceleraba o paso. Son imprevisible. Ah, si, polo atallo andei polo centro. É tan estreito que case se pode dicir que non hai lado dereito nin esquerdo. No atallo vin lagartiñas que cruzaban e caracois que facían o mesmo, pero con tal lentitude que ó mellor estaban descansando. Pingas de OrballoOnte mesmo, pola noite, vimos tantos que lle dixen ó rapaz que igual se dedicaban a botar carreiras, que a ver quen cruzaba antes. "Ó mellor apostan que a ver cantos se libran de que os pisemos", replicou o fillo. Ó ser de noite, case sempre se esmaga algún. Máis ben, algúns.
Cando entrei na biblioteca, entreguei un libro moi voluminoso e collín outro practicamente do mesmo volume. Unhas veces cólloos gordos e outras delgados. Dependerá do que cadre: bonita portada, mellor título, autor... Iso á primeira vista. Á hora da verdade, bótolle unha ollada e un inicio de lectura á contraportada, que sempre axuda algo. Hainos con portada bonita nos que o tema non me atrae e hainos dos que escapo que, por un casual, lles leo a contraportada ou solapa e o que contan gusta.
En todas as miñas saídas non pode faltar o café. Non falta. E hoxe, si, foi en tres tragos xustos. Porque viña temperado ou morno, porque non abrasaba e porque estaba rico de carallo. Co café, xa se ve, caeu tamén o escrito, o relato. Finalmente, xa non queda outra que seguir co camiño de volta. Agora, polo lado esquerdo da rúa, logo polo medio do atallo para rematar polo lado esquerdo da estrada.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES