Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel Vázquez

martes, 15 de septiembre de 2009
Difícil o ten Manuel Vázquez para endereitar a traxectoria do Psoe galego para encarar os tempos que se aveciñan. E hai que recoñecer que vontade non lle falta.

Comezou por clarificar quen manda na estructura de organización do partido, restrinxindo -ou pretendendo restrinxir- os poderes das respectivas baronías en cada provincia galega. Que, o mesmo que no Partido Popular e en calquera outra forza política, ten ou debe ter en cada demarcación territorial persoas con capacidade de atracción e polo tanto de control, para evitar que a organización se fragmente e desintegre.

Os socialistas, que presumían de ter autonomía local para elixir os seus propios representantes, ven na nova organización restrinxida esta función, e xa o novo responsable galego declarou que “non quere catro partidos socialistas” en Galicia. E o de que na reunión do comité nacional celebrado en Santiago hai pouco máis dunha semana fose ostensible a ausencia de case todos os alcaldes máis importantes do partido en Galicia deulle oportunidade para pedir lealdade a todos os que no partido teñen cargos de responsabilidade, con especial referencia ós socialistas vigueses.

Seguirán as baronías, pero con menos autonomía, porque toda organización precisa delegacións provinciais, chámeselles como se lles chame, para poder funcionar axeitadamente en temas político-administrativos.

A longa marcha do deserto da oposición está sendo recorrida polo Psoe sen maiores dificultades ostensibles, e sen demasiadas fendas abertas hacia o exterior, o que sempre é de destacar nun grupo político que sufríu nas últimas eleccións un importante golpe moral.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES