Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quen coida dos coidadores?

jueves, 15 de octubre de 2009
- ... E logo, canto tempo levas coidando aos teus velliños?
– Pois van alá doce anos. Sen moverme da casa. El ten Alzheimer desde hai sete. Non sabe nin que é. Unha pena. E foi tan bo pai!
Ela está encamadiña desde hai once. Queira Deus que nunca me falten. Realmente son uns santiños.
– E ti que tal estás?
- Eu? Xaquín, eu non existo. Eu non son importante neste caso. Se che digo a verdade, fóra desta casa, eu non sei o que é a vida. E téñolle medo ao día que me falten. Xa non sei como se vive. Esquecinme. Hai moito tempo que case non falo con ninguén.

A conversa, unha máis das mantidas nas moitas visitas que lles fago, foi moito máis longa. Houbo risos e salaios. Pero tamén, dentro da alma, moita soidade. As palabras fican pequenas para expresarse. “Non te preocupes, dixo, que xa che estou acostumada. Pero soa, estou moito. Cada visita é unha bendición. Non tardes en volver.”

Impactoume a súa súplica. Sentíase pobre por dentro. Moi pobre. Ela é unha muller moi forte e curtida na vida. Nunca, como aquel día, a vin tan decaída.

Quen coida aos coidadores? Nos libros xa ten un nome técnico: O síndrome do coidador.
Esta é unha máis das grandes tarefas e desafíos que tentaremos afrontar desde a Escola de Pastoral da Saúde “Mon. Araúxo” nos diversos grupos que se desenvolven en Ferrol de outubro a xuño, con quenda semanal.

Son tres cursos académicos: “APRENDAMOS A COIDARNOS. PARA PODER COIDAR. PARA PODERMOS AXUDAR.”

Hai uns anos abordei este problema, en relación coa orfandade e a viuvez no meu libro: A viuvez na Pastoral da Saúde. Pois non abonda só coa boa vontade. Precisamos cada vez máis dunha preparación seria e adecuada. Diriamos que con certa especializazón. Fainos ben a nós e facémoslle ben aos demais..

Este curso, para a zona de Ferrol, estaremos nos locais anexos da Parroquia de San Xoán de Filgueira. Está aberto a cantos desexen participar. A experiencia destes anos atrás está sendo moi positiva. Seguireivos falando.

Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES