Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Segue o tema das caixas

jueves, 03 de diciembre de 2009
E seguirá mentras non se tome unha decisión definitiva sobre o tema, que a fin de contas está resultando a crónica dunha fusión anunciada, aínda que haxa quen se resista porque defende intereses propios -persoais ou dunha entidade- e non da consecución dunha entidade forte que Galicia precisa.

A experiencia das absorcións ou fusións das caixas non foi agradable para as máis pequenas. Que llo pregunten se non á Caja de Ahorros Provincial de Lugo que asumiu Caixa de Ahorros de La Coruña e Lugo para logo formar Caixa Galicia. Desapareceu no mapa co conseguinte desplazamento de decisións de Lugo cara á Coruña. Que llo pregunten a Caixa Ourense cando foi parte esencial para o nacemento de Caixanova. Posiblemente aí radiquen as suspicacias de Caixanova diante da súa posible fusión con Caixa Galicia. E os argumentos que se esgrimen, comezando polo da perda dos postos de traballo, non parecen de recibo cuando a necesidade da situación implica a unión ou a desaparición dentro dun organismo moito máis grande.

Agora, os Sindicatos veñen de posicionarse en relación co tema e, apostando pola defensa do emprego, apoian a fusión das dúas caixas galegas entendendo que calquera solución que se tome dentro de Galicia será mellor que a unión con entidades foráneas que farían desplazar -quen teña memoria, que lembre- as decisións importantes en materia económica e social, fóra do noso País.

Aínda que o da galeguidade sempre é relativo, e os que falan de economía veñen concluir que o diñeiro non ten bandeira nin patria, Galicia non pode perder a forza acumulada, o poder económico que supón, ter entidades propias que fomenten a riqueza do país, e nas que a unión ten que supoñer moita maior forza.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania