Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruces na vida

martes, 15 de diciembre de 2009
Andan aló en Estrasburgo matinando en retirar das escolas as cruces por estimar que son un símbolo cristián ostentoso que vai en contra da liberdade de crenzas dos seres humanos. E o resultado, polo de agora, non é para que os promotores da idea sexan moi optimistas.

Mentras o Parlamento de Polonia ven de opoñerse á retirada dos crucifixos, en Bélxica chegaron a falar da prohibición das cruces nos cemiterios porque ó seren lugares públicos non deberían amosar símbolos dunha relixión determinada. En Galicia teríamos un bo problema se houbese que desterrar as cruces da nosa xeografía... Desde as torres orgullosas dos milleiros de pequenas capelas e igrexas ás catedrais ós nosos magníficos cruceiros, ou os maxestuosos sepulcros dos cemiterios chairegos.

Independentemente de calquera idea relixiosa ou confesional, atentar contra estas cruces sería un pecado de lesa monumentalidade tan grave alomenos como se na nosa cultura as medias lúas proliferasen nos nosos monumentos e houbese que desmochalas porque o papanatismo reinante así o dispuxese.

Parece como se con moitas iniciativas os nosos gobernantes estivesen sondeando a nosa postura colectiva, anunciando e renunciando pouco despois para evitar problemas maiores, tentando saber se é o momento propicio para implantar determinadas medidas radicais, previstas nunha folla de ruta descoñecida pero previsible.

As cruces, na vida dos galegos –cabe supoñer que na de todos os occidentais- son un símbolo moito máis que relixioso. Tamén relixioso. Pero son algo máis. Están mesturadas coa nosa vida, pertencen á nosa herdanza, á tradición e á historia. Para borrar as cruces terían que borrarnos a memoria colectiva. E eso aínda vai levar un pouco máis de tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania