Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aforramos e non investimos

miércoles, 16 de diciembre de 2009
Non é extraño que, diante das informacións que a diario recibimos sobre a situación económica de Galicia e España, os galegos nos volvamos aínda máis aforradores que habitualmente e gardemos os nosos excedentes por se a situación empeora.

Só así pode entenderse que os galegos teñamos aforrados tres mil oitocentos millóns de euros que no prazo dun ano, de xullo de 2008 a xuño de 2009, se acobillaron nas Caixas e bancos galegos, elevando os aforros dos galegos ata cincuenta e dous mil millóns de euros. E os cretos concedidos polas entidades nos mesmos doce meses subiroin un 2.6% e chega o seu importe a setenta e un mil millóns, se ben o ritmo de incremento supón ata sete veces menos a do anterior similar período.

Se por outra parte sabemos que o saldo comercial de Galicia, diferencia entre exportacións e importacións, presenta un balance positivo de arredor de setecentos millóns de euros de xaneiro a setembro do presente ano, frente a saldos negativos no total nacional, e que as hipotecas suben arredor dun dous por cento, sempre haberá alguén que atope síntomas de que esto comeza a moverse, pero por desgracia esto aínda non se nota nin nas pequenas empreas nin nos consumidores.

Se non se nota polos consumidores, que se supón teñen ó seu dispor máis cantidades de diñeiro para gastar pola baixada dos intereses bancarios e dos precios, seguramente que esto ocorre nas grandes contas do país, pero a escala particular non se nota. Se o impacto na cidadanía fose favorable, coas novas que a cotío se nos dan da baixada dos intereses interbancarios e das hipotecas, a estas alturas os bancos e caixas xa terían que estar pagando intereses ós que lles adebedan cretos, e non ó revés.

Aforramos, si, pero co aforro en si non hai investimentos aínda que á larga daí podería saír investimento indirecto. Non se inviste de xeito directo, e todos estamos a eso tan galego de “a velas vir”, agardando a ver que sucede antes de mollarnos en calquera investimento extraordinario.

Menos mal que xa remata 2009, que aínda que só é unha referencia o do cambio do ano, preferimos ser optimistas e pensar que 2010 non vai ser moito peor que o que agora imos despedir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES