Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sentidiño

lunes, 28 de diciembre de 2009
Estamos afeitos a que os gobernantes, cando o ano remata, apliquen os correspondentes panos quentes e nos desexen a todos un aninovo cheo de venturanzas como se todo dependese da divina providencia.

No caso de S.M. El Rey, todos os anos nos dirixe unha mensaxe chea de boas intencións, evidenciando que reina pero non goberna, clamando -posiblemente no deserto- a unha e outra banda por algo que se ven chamando desde sempre “sentido común”, pero que en Galicia ten unha versión ou vertente moi especial á que denominamos “sentidiño”, tan difícil de definir como de conseguir, especialmente polos que teñen a responsabilidade de nos conducir.

Este ano o discurso foi especialmente axeitado ó tempo, cheo de dificultades políticas, económicas e polo tanto sociais, e a S.M. abogou porque Goberno e oposición tivesen sentido de Estado ou, o que é o mesmo, que estivesen á altura dunhas circunstancias coma estas. E as dúas principais forzas políticas -goberno e oposición- entenden que o Rei ten razón e fan propósito de acomodarse ó necesitado e pedido.

Gostaranos velo, que os políticos teñen pendiente -todos os grupos- unha demostración de achegamento á realidade e á xente, importante e urxente especialmente se temos en conta que segundo o barómetro do Cis os políticos son considerados un problema por parte dos españois.

A primeira preocupación hispana é o paro. A continuación está a economía. E inmediatamente detrás os políticos e os partidos. Problema cando debían ser a solución.

A cuestión é meridiana: Imponse un “sentidiño” xeral por parte de todos os que se dedican á tarefa pública para non alonxarse máis do público, para que o público en xeral os recoñeza como seu, para que a política e os políticos sexan a solución e non o problema.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

HTML Válido

CSS Válido

Add to Technorati Favorites

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Lobos e homes: Tense dito que o home é un lobo para os homes, pero tamén que o lobo é un ho...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoci�n Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información