Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Costa abaixo

martes, 29 de diciembre de 2009
A realidade económica da nosa comunidade presenta caracteres tan deprimentes que debería formarse un equipo “hatibual” de tratamento que comparecese alomenos cada vintecatro horas diante dos medios informativos para dar o “parte” habitual de calquera situación de guerra.

Independentemente do que nos conten as informacións económicas de medios tamizadas -patrocinadas- por algunha entidade bancaria ou de aforro, as frías cifras de empresas que desaparecen do mercando son expresivas abondo do que dstá acontecendo no noso contorno.

De mediados de 2007 ata agora, Galicia perdeu perto de 5.000 empresas e máis de 68.000 postos de traballo, pasando o producto interior bruto de medrar un catro por cento ó ano a reducirse un 3,6%.

Polo que ó mar se refire, no que Galicia aínda se considera unha potencia, a flota galega reduciuse durante 2008 en máis de mil barcos, pasando de 6.227 a 5.225, representando o sesenta por cento de pesqueiros dados de baixa en toda España. Segue a nosa flota a ser a máis importante do Estado, pero en franca decadencia.

A economía vai costa abaixo como se desprende das cifras que nos facilitan, e como notamos a diario nas nosas experiencias personais ou profesionais. E ninguén fai constar esa dura realidade a través de alarmas que desperten conciencias e chamen ó trballo común.

Estamos en crise, e non temos un gabinete que a goberne as vintecatro horas do día. Estamos en crise, pero as festas ocupan moito máis tempo no maxín de todos que a posible saída do túnel, ou o difícil ano que nos agarda, por todos previsto como máis problemático ca o actual.

Imos costa abaixo, e de pouco consolo vale pensar que o mesmo lle pasa ó resto das comunidades hispanas. As de fóra xa están en terreo chao, e marchando a bo ritmo. A ver se durante estas longas pontes festeiras a alguén lle da por pensar e organizar posibles remedios.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania