Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Superco

jueves, 14 de enero de 2010
Imos de sorpresa en sorpresa vendo que a crise afecta a pequenos e medianos, pero tamén a grandes. É o caso de Superco, promotora de macrocentros comerciais, dous deles na Coruña, que días pasados se acolleu a preconcurso de acreedores.

Sempre se pensou que as macrosuperficies tiñan garantida a súa existencia aínda que causasen o peche de centos de pequenos comercios que non podían soportar o seu ritmo, incapaces de competir en oferta, en volúme e polo tanto en prezos.

E de pronto un dos grandes evidencia problemas aínda que non parecen derivados do seu funcionamento en Galicia senón dun tema infraestructural noutro gran centro xa construido en Aranjuez que non pode poñerse en funcionamento por carecer de accesos.

Pero o problema, orixinado fóra, vense poñer de manifesto en Galicia onde dous centros en funcionamento ven en perigo o seu futuro e con el o dos centos dos postos de traballo creados no seu momento.

Din as estatísticas que o paro medrou en Galicia o pasado ano só un dezasete por cento mentras que no total de España medrou un vintecinco por cento. Tamén no momento de medrar, de crear emprego, o noso paso sempre foi máis lento. Pero eso só son cifras, estatísticas, que poden provocar sentementos momentáneos, e o que verdadeiramente interesa son as persoas, e cada traballador en paro é unha traxedia familiar coa conseguinte repercusión para o país.

Desexamos solución favorable para Superco, como o desexamos para todas as empresas galegas con dificultades, agardando que a coxuntura, as decisións dos gobernantes, e o noso traballo nos permitan sair da actual espiral de decadencia económica e anguria social.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania