Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Clamé al cielo y no me oyó

lunes, 18 de enero de 2010
A traxedia de Haití préstase para que cada quen acomode as súas crenzas e disposicións vitais ás durísimas realidades do contorno, comprobando que a vida segue aínda despois de que as forzas desatadas da natureza se abatiran sobre os máis pobres dos pobres do mundo.

Hai quen dubida da actuación divina e da mesma existencia de Deus diante dunha catástrofe así, con todos os cabalos da Apocalipse gallopando por riba dos miseros haitianos. E hai un bispo –grande ocasión para o silencio– que opina que moito máis traxedia que a de Haití é a da nosa miseria interior, polas evidentes carencias espirituais coas que nos adornamos.

Non é momento para uns nin outros. Nin para os que dubidan da existencia dun Deus presuntamente despiadado cos humanos, nin para o que –lonxe do mundo, e polo tanto lonxe de Deus- fai expresa confesión de ignorancia. É momento para a axuda, para a comprensión, para relativizar as nosas carencias ó comprobar que somos privilexiados nun mundo de problemas.

Parece, efectivamente, seguindo ó clásico que por moito que ó ceo clamemos imos atopar as portas pechadas. E que, como o verso pide, “ya que las puertas me cierra”, “responda el cielo y no yo” de todo o que aquí acontece.

Haití evidencia ter sufrido –antes, agora e sempre– o abandono de todos. Posiblemente sexa o momento, despois da súa maior traxedia, de telo en conta de agora en diante, para que –Haití e haitianos- poida aprender a vivir. Aínda que o ceo non escoite.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

HTML Válido

CSS Válido

Add to Technorati Favorites

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Lobos e homes: Tense dito que o home é un lobo para os homes, pero tamén que o lobo é un ho...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoci�n Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información