Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Produtos do país

jueves, 21 de enero de 2010
Unha importante linea de actividade e de xeneración de ingresos para as nosas xentes do rural é a explotación do propio, o turismo rural, a comercialización e o consumo directo de produtos, cada vez máis valorados, auténticas artesanías ó alcance de todos.

A valoración que se fai na casa é resultado dun longo proceso que comezou hai moitos anos, e deu como consecuencia que pouco a pouco se fosen valorando as producións artesanas das pequenas fábricas, talleres e mesmo das casas particulares que cun reducido mercado obteñen xustos precios por produtos –especialmente alimentos– caseiros, resultado de procesos artesanais.

Precisamente a existencia dese mercado, de excelente porvir, xerou e está a xerar a creación de pequenas empresas especializadas nos máis diversos produtos, que venden directamente ou a través da Rede, con magníficos resultados.

O máis recente exemplo témolo nunha pequena empresa da montaña lucense que comercializa castañas en almíbar, que recibiu recentemente un pedido de de 450 tarros para que figurasen nos agasallos navideños da Presidencia do Goberno. Os produtos da serra do Courel figuraron como presente destacado nos agasallos que Rodríguez Zapatero enviou a deputados e xornalistas nas pasadas festas do Nadal.

É só un síntoma, un pequeño exemplo, das posibilidades futuras do inxenio aplicado á explotación dos produtos tradicionais do país. Un pequeno exemplo das posibilidades do noso rural, e dun dos xeitos de lograr que volva afincarse poboación en zonas que aínda agora están perdéndoa de xeito acelerado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

HTML Válido

CSS Válido

Add to Technorati Favorites

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Lobos e homes: Tense dito que o home é un lobo para os homes, pero tamén que o lobo é un ho...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoci�n Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información