Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gripe A

martes, 26 de enero de 2010
Deixou de aparecer nas páxinas principais dos xornais, nos titulares dos medios audiovisuais, das mencións en internet, e deixou de figurar simultáneamente nas nosas preocupacións.

Tiña como lonxano antecedente os millóns de mortos na chamada “Gripe española” de infausta lembranza, e viña precedida polas máis altas recomendacións dos organismos especializados. As nosa autoridades puñéronse en pé de guerra e todos comezamos a militar aínda que fose só coa intención contra a denominada “Gripe A” que se anunciaba mortífera, sumamente contaxiosa e primeiro obxectivo a combatir non só polos profesionais da saúde senón por todas as forzas que a sociedade posúe.

Comezamos a ver mascariñas nos aeroportos, apareceron aparatos para limpeza das mans nos lugares públicos, recomendacións sobre os contactos con outras persoas, campañas publicitarias, vacinación de persoas con risco... todo para loitar contra ese enemigo público que nos viña de non se sabe onde, a cara descuberta ou disfrazada da gripe de toda a vida.

E pasamos gripes normaliñas como as de todos os anos, e os que pasaron tamén a gripe tan temida perdéronlle o medo, de xeito que a nosa sociedade galega está comprobando que a cousa non era para tanto, e que si as precaucións valeron para algo ben tomadas están, pero comeza a preocupar que todo teña sido unha operación a gran escala para tomarnos o pelo os grandes laboratorios e algúns especialistas que conseguiron que os gobernos a todos os niveis gastasen millóns de euros en vacinas que sabían non ían facer falla.

Nestes casos, ós cidadáns só nos corresponde considerar que cando se toman medidas por algo se fai, e que a problema pasado non se pode facer revisión do que houbese pasado se se afrontase doutro xeito. Pero nas alturas da Administración e da Medicina si que teñen que investigar o que ocorriu, e se hai culpables de fraude, estafa informativa e sanitaria, ou calquera outra forma de delito social, obrar en consecuencia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES