Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cementerio nuclear

martes, 02 de febrero de 2010
Ningún concello galego ousou solicitar a instalación no seu termo do cementerio nuclear que a industria hispana precisa para depositar os residuos que produce a súa actividade, que a priori son de difícil aceptación.

A denostada enerxía nuclear, que un día foi rexeitada de forma contundente no concello lucense de Xove, parece estar demostrando que nin é tan perigosa como se supoñía polas estrictas medidas de seguridade, nin se pode prescindir dela tan alegremente como ata agora, especialmente tendo en conta as crecentes necesidades dunha sociedade cada día máis ávida de enerxía barata.

Instalar unha central nuclear nun territorio foi ata agora unha odisea só posible en casos moi determinados e despois de loitas campais. Acoller os seus residuos é problemático, aínda que a acollida estea dotada con moitos millóns de euros que garanten un desenvolvemento parello da economía e dos postos de traballo da comarca.

Unha ducia de concellos atrevéronse a pronunciarse ó respecto, producíndose de inmediato desautorizacións dos seus superiores políticos, de presidentes de comunidades, e de parte dos veciños que non ven clara a situación futura.

E aí está o problema, ardendo, porque os concellos solicitan o cementerio e os millóns que veñen con el, as zonas inmediatas que non reciben iguais beneficios rexeitan as instalacións, e algúns presidentes de comunidades autónomas consideran ter xa cuberta a súa cuota de aportación global á enerxía nuclear.

Falta a decisión do goberno sobre o tema. Pero sobre todo falta decisión firme e consensuada sobre a enerxía nuclear, sabendo hacia onde caminamos nesta materia, tendo en conta todas as realidades e non só a puramente económica ou o non polo non.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania