Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facenda somos case todos

jueves, 25 de febrero de 2010
En definitiva resulta que si, que Facenda somos todos, aínda que non todos respondamos do mesmo xeito ás súas chamadas e ós nosos deberes para con ela.

Porque Facenda -agora hai a Facenda autonómica e a estatal- é a caixa central onde se reciben todas as aportacións cidadáns e logo se distribúen para cubrir as diversas obrigas económicas da comunidade.

Sábese que Facenda só recibe aportación e detecta a actividade oficialmente recoñecida e declarada, a das contabilidades “A”, a do diñeiro “blanco”. Pero nada sabe das caixas “B”, do diñeiro “negro”, de toda a materia oscura da economía sumerxida que se escapa ó seu control, e da que non participa nin se beneficia.

En momentos de crise coma este, Facenda debera implicarse e aplicarse decididamente loitando coa economía sumerxida para que aflore e aporte á comunidade os correspondentes impostos. Sen embargo, parece ser que -segundo denuncia a organización profesional dos Inspectores de Hacienda del Estado- vai polo máis doado e ten dado orde de presionar ós cidadáns que xa contribúen para conseguir cobrar máis e suplir a diminución de ingresos que a mesma crise orixina. Denuncian os profesionais da inspección que a presión é irracional máis ca excesiva, para conseguir recaudar cada vez maiores cantidades.

Certamente Facenda debe ter unha importante actividade inspectora, pero tamén debe considerar que non é este o mellor momento para conseguir que os contribuíntes aporten cada vez maiores cantidades, sen preocuparse demasiado de ampliar o abano de cotizantes.

Menos mal que Facenda ven de darnos un exemplo de racionalidade cando aproba - para mediados de ano que pequenas empresas e particulares non teñan que aboar o Ive de facturas incobradas, adiantando este imposto que á vez xestionan.

É hora de demostrar que Facenda somos todos. Con exemplos coma este último. Pero non con excesivos apremios ós xa apremiados contribuíntes, senón procurando universalizar os deberes para que -pagando todos- todos poidamos pagar o menos posible.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania