Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Así es la Rosa

lunes, 01 de marzo de 2010
Rosa, Rosae, Rose... aprendimos a declinar en tempos nos que nos importaba moi pouco un idioma que fóra basico para o xurdimento da civilización occidental. E a seriedade de Don Froilán López e López, Director do entón chamado Instituto Masculino, que poñía suspensos no límite da realidade cun mísero 4,5 tampouco axudaba a querelo e aprendelo.

E sen embargo, cantos recibiron ideas básicas deste idioma aprecian o seu valer e o seu papel actual nos fundamentos filolóxicos -xa non digamos no mundo do dereito- para evidenciar o seu carácter vertebrador dos nosos coñecementos.

Andando o tempo, en La Codorniz, alguén publicou eso de “No la toqueis, que así es la rosa”, referido a unha rosa determinada e non ó clásico que temía pola súa fraxilidade.

E nesto, Rosa Díez, a quen as cousas da política non lle van como contaba, que nos agrede ós galegos, insultando nas nosas carnes a Zapatero e a Rajoy.

Pensabamos que unha política colocada no olimpo do panorama político español debería saber que os sambenitos que teñen andaluces, cataláns, vascos ou galegos non teñen nada que ver coa política nin coa vida diaria das persoas que forman parte deses pobos. E que os galegos, que tanto progreso deron ó seu país de procedencia, somos calquera cousa menos pouco espabilados.

“Así es la Rosa”, teríamos que concluir, xa que nos fallos verbais ou de actuación é cando se coñece a dimensión dunha persoa. E se quere que alguén esqueza esas palabras vai ter que vir camiñando a Compostela, facendo de xionllos boa parte do camiño.

Nalgún momento pensouse nela como o “elefante blanco” da zona media do electorado hispano. Quedouse en mascota dos desfiles dun pequeño batallón que languidece.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania