Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

TDT

viernes, 05 de marzo de 2010
A Televisión dixital terrestre ten chegado xa a amplos territorios de Galicia nunha primeira fase que parece ter sido todo un éxito, prevéndose para abril a segunda e definitiva etapa que terá transformado de repente o panorama das comunicacións audiovisuais neste país.

Agás problemas puntuais de recepción, non se rexistran dificultades nun territorio tan extenso e tan difícil coma o noso, e aparte dos adiantos e os medios técnicos, a Secretaría Xeral de Medios da Xunta ten emprendido unha campaña de divulgación e achegamento da TDT ó rural, tendo recorrido xa numerosos núcleos de Ourense, estando na actualidade a visitar os pobos da provincia da Coruña.

Nesta campaña infórmase e aconséllase do mellor xeito para facer a transformación técnica para aqueles que aínda non posúan o novo sistema, e polo que parece os responsables poden estar satisfeitos da acollida recibida e dos resultados técnicos da transformación.

Pola nosa atávica reacción diante dos cambios, pensábase que ía ser moi difícil a evolución ó novo sistema que garante perfecta calidade de recepción, pero visto está que as nosas xentes cando se trata de mellorar e de participar nunha transformación revolucionaria, están á altura que lles corresponde.

A TDT era un desafío, unha incógnita, imprescindible futuro para as emisións audiovisuais. Pois xa pode darse por feito, que o realizado ata agora, augura un éxito total na súa introducción.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania