Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estrelas e chorimas

jueves, 04 de marzo de 2010
¡Ai Curros, Curros, qué razón tiñas cando opinaches que o propio Deus estaba estrañado, escandalizado, da evolución do seu mundo! De tanto baixa-la cabeza, de tanto arelar os grises, tétricos, do asfalto, de tanta noite iluminada con farois, e do noso aceleramento polas estradas para chegar a ningures, pásannos desapercibidas as estrelas e mailas chorimas.
 
¡Este si que é deicidio: desfacerlle o mundo ao Creador! E encima, botámoslle a culpa ao trono. Casiñas míseras que non resisten as convulsións da terra nin as do vento; feitas á presa, unhas veces porque os de arriba non saben ou non queren urbanizar con xeito, e outras porque a pobreza dos desequilibrios non dá para máis. Comportas que se abren de golpe: unha, porque están mal feitas, e os fautores e mailos seus encubridores xa están na gloria do capitalismo; e outras, porque houbo imprevisións egoístas: en non baleirar a tempo, en non avisar a tempo, en non paga-los terreos de previsible asolagado, co que se evitarían construcións suicidas, e un longo etcétera. Estradas que, con ve-la televisión, calquera pode decatarse que se fixeron unicamente para ser retratadas no intre da súa inauguración. E non sigo, pois, ¿para qué abrirlles os ollos aos cegos que non queren ver?
 
Achegámonos á primavera, e coido que esta Coresma, en vista do visto, do visto e do padecido, en tantas cousas, en tantos aspectos, en tantos desacertos, pode ser unha ocasión propicia para re-flexionar, para volve-los ollos na dirección correcta: arriba, as estrelas, que deberan alumarnos o entendemento para endereza-los camiños; ¡menos negocio, que é a negación do ocio, e máis ocio para filosofar, para deternos no importante, no construtivo, no comunicativo, renegando deses egos enfermizos que caracterizaron o século XX, raiceira das desviacións actuais! Xa que imos pouco á Misa, prediquémonos a nós mesmos.
 
Xa sabemos que a terra, a baldía, particularmente a nosa, está saturada de toxeiras, ¡tan propicias para incendios! Se houbese máis plantío axeitado…, ¡sabido é que onde ben se planta, maleza se espanta! Pero os toxos, dun xeito parecido aos inimigos, que resultan ser os nosos mellores amigos polo que nos fan espelir, contribúen ao esplendor primaveral cas súas chorimas douradas; ¡iso, douradas! ¿Verdade, señor Curros Enríquez, que se atendésemos algo máis ás chorimas, e algo menos ás espiñas, por moita toxeira que teña Galicia, devolveríamos o seu mundo ao Creador, se non intacto, polo menos algo depurado?
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania