Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As outras mulleres

lunes, 08 de marzo de 2010
Hai mulleres habitando as rúas.
Mulleres que insiren quimeras
nas arestas escuras
das súas laceradas entrañas.
Luces que aluman aos desertores
dos xuramentos
Risas intravenosas de brazo sometido
ao arpón homicida.
Mulleres enloitadas,
colmadas de pel de éxodo.
con medo, sen relixión
con relixión e encaixes.
Mulleres Lesionadas,
vomitando a súa vinda
baixo pirámides de cartón.
Mulleres con fillos de pateras
cruzando as canles
cara ás verdes beiras
sangradas de hidrocarburos.
Mulleres con costas en xirones,
Ollos morados,
Con lentes de sol.
Mulleres topo, de troque,
silenciadas.
Mulleres bramando
sen soños e co soño desvelado.
quen non viu os chans
dos nosos percorridos
como voraces simas,
sementadas de mulleres
coa boca pechada
sen máis nada que unha concisa
percepción de quebranto
nos seus ollos?
Esas miradas,
que aínda nos absolven
cando nolas dedican.
Castejón, Carmen
Castejón, Carmen


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania