Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morosidade

lunes, 29 de marzo de 2010
A Comisión de Industria do Congreso dos Deputados ven de aprobar unha iniciativa de cambio proposta por Convergencia i Unió, para que empresas e administracións combatan a morosidade co exemplo.

No momento actual a tardanza media das institucións oficiais en pagar unha factura sitúase en arredor dos catro meses, e en algo más de tres as empresas. Esto, cando calquera empresa, unha vez expedida a corresponde factura, ó final do trimestre, debe aboar o imposto do valor engadido na pertinente liquidación de Facenda.

Moito deben axilizar os seus trámitas as institucións oficiais para poder responder ó que delas se agarda de pagar en trinta días unha factura cando ese tempo na actualidade ven ser o que se tarda en dilixenciar a factura unha vez recoñecida e aceptada polo correspondente organismo e autorizado o seu pago. Tanto a Administración central como a autonómica parecen estar en disposición de afrontar esta dilixencia no pago, pero a administración local -numerosos concellos- teñen problemas de liquidez que non lles van permitir afrontar pagos nese prazo a menos que outras administracións solucionen os seus problemas de caixa mellorando a súa dotación.

A intención é clara e moi boa, xa que as empresas subministradoras de productos á administración non teñen porque financialas durante un tempo indeterminado nas que os entes oficiais non cumpren os seus compromisos.

E entre empresas, aínda que aí o libre mercado facilite unha más fluída circulación, moito terá que ver a situación económica nunha morosidade temporal, que -no caso de existir unha norma expresa- terá marco legal para corrixirse.

En todo caso, a morosidade é un problema grave. Todo o que se faga para suprimila ou paliala, estará ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES