Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A traxedia grega

martes, 11 de mayo de 2010
Desde o Preguntoiro: A Traxedia Grega

Sen ningunha dúbida, tres dos tráxicos máis grandes da historia da literatura grega son Esquilo, Sófocles e Eurípides. As traxedias reflectían os cambios conxunturais da nación na metade do século V a. C.

Representaban a crise das ideoloxías, a morte das utopías e a desconfianza que arrodean ao ser humano. Por iso eses tráxicos antigos foron verdadeiros visionarios, profetas da memoria.

O que está a pasar na actualidade en Grecia, xa pasa de traxedia a ese estilo antigo. Ten un nome máis acorde destes tempos: “Terrorismo Económico” e estes terroristas xa teñen nomes e apelidos e ningún goberno actúa en consecuencia.

Son uns vampiros especuladores que programan o afundimento dun país para obter grandes beneficios como sexa, que nin eles nin os seus herdeiros poderán gastar en varias vidas que teñan.

Logo argumentan e aconsellan, con esa cara de zapato vello, que se traballe máis, que as pensións sexan moito máis baixas, flexibilizar os postos de traballo, en fin, rematar co estado de benestar, despois de especular e roubar a mans cheas, causando desgrazas ao resto das persoas honradas, que só desexan vivir honestamente do seu traballo. Estes “terroristas” que seguen causando estes estragos á humanidade, son dignos de estar “sécula seculórum” no cárcere.

Algo cheira a podre neste sistema de “libre mercado”, como os gobernos non paren a estes inmorais e vomitivos suxeitos, todo isto volverase a repetir reiteradamente, porque o que falla é o sistema. Un sistema que si un destes “terroristas” berra ¡ lume !, interesadamente e sen haber lume, funden países.

A Grecia tócalle outra vez de escribir a última traxedia.
Cardalda, Teo
Cardalda, Teo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania