Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un traballo sucio ben feito

jueves, 20 de mayo de 2010
Desde o Preguntoiro: Un traballo sucio ben feito

Non entendo ren de economía, perdoen a miña simpleza neste tema, porén, non fai falla ser un experto para darse conta do que está acontecendo nestes intres ante as medidas antisociais tomadas polo goberno. Sí entendo que a crise é o estado normal do capitalismo. Este capitalismo goza, vive e nútrese na mesma crise.

Para que entendamos todos dunha maneira simplista, a cousa é desta maneira: o goberno obríganos aos de abaixo que paguen as festas, os vicios e as bacanais aos de arriba. ¿Por qué os traballadores temos que pagar as desfeitas dos bancos ou os desastres económicos do Sr. Díaz Ferrán e os seus “chicos”?. Pois que é moito máis doado poñerlle o cascabel a todos nós (os pringados) que aos que provocaron esta grande crise.

O Sr. Zapatero non tivo esa valentía de poñerlle ese cascabel á Igrexa que recibe 5.000 millóns de euros; aos colexios relixiosos concertados; instaurar o imposto sobre o patrimonio; aumentar as taxas aos movementos de especulación de capitais que nos levou a esta ruína e crise; controlar e aumentar os impostos a eses grandes capitais que están agochados nas SICAV; sacar de Afganistán, Líbano as tropas militares que nos custan millóns esa presenza; a persecución do fraude fiscal dalgúns bancos con sociedades offshore en paraísos fiscais; rebaixar ata o 40% os soldos dos alcaldes e concelleiros liberados de toda España, outro tanto aos deputados estatais, autonómicos e altos cargos políticos. Nada disto fixo o Sr Zapatero, só se limitou a facerlle o programa e o traballo sucio ao PP. Tanto monta, monta tanto.

Isto vai para longo, chegaran a sacarnos os sancomiños e remataremos durmindo en colchóns de coroucha.
Cardalda, Teo
Cardalda, Teo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania