Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Presidencia da U.E.

jueves, 17 de junio de 2010
Quedan poucos días para que España deixe de ostentar a presidencia de turno da Unión Europea, e ese momento será a ocasión de experimentar un certo alivio, porque parece como se neste especial período nos dominios da U.E. empezara a poñerse o sol.

Os prognósticos sobre esta presidencia foron especialmente optimistas, e Leire Pajín anunciou un acontecemento planetario no que as estrelas máis brillantes serían Barak Obama gobernando os Estados Unidos de Norteamérica, e Rodríguez Zapatero marcando os rumbos polos que camiñaría a cada vez máis poderosa Unión Europea.

Moito se teñen agostado nestes seis meses os trigos europeos, morrendo antes de nacer os brotes verdes que deberían constituir a nosa esperanza. E Grecia, Hungría ou Portugal non mitigan as nosas angurias, temendo cada día as novas do día seguinte, escoitando chover, tremendo tormentas, suspirando por días claros que permitan mirar con optimismo cada xornada que comeza.

Moitas esperanzas se tiñan postas nestes seis meses por parte do goberno español e o seu presidente, agardando fosen o espaldarazo definitivo á súa permanencia no poder. Pero estes seis meses están resultando demasiado longos e fondos, e estamos demasiado á vista de todos, agardando polo remate deste mes para volver a un modesto segundo plano que nos deixe ocuparnos exclusivamente de nós mesmos, agardando mellores tempos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania