Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deputados

viernes, 02 de julio de 2010
Andan as institucións e os partidos políticos empeñados en demostrar o que traballan os nosos representantes nas institucións, xa que a nivel popular non se aprecia ese traballo.

Preocúpanse en sinalar que cando non se participa nos plenos camerais, os deputados forman parte das correspondentes comisións, onde se estudian os asuntos de interese antes de ser sometidos a votación.

O papel dos deputados é vital -ou debería selo- xa que se encargan de debatir os asuntos que van ser normas reguladoras dos diversos ámbitos de actividade do país. E sen embargo non gozan do favor popular porque o seu traballo non repercute publicitariamente entre os seus votantes.

Os partidos políticos, os grupos nas cámaras, copan o poder dos deputados, e o grupo cos seus representantes é o que ten o protagonismo. E os correspondentes portavoces son os que interveñen, tendo poucas oportunidades o resto dos membros de cada grupo político.

Que lonxe queda aquel parlamentarismo doutrora onde os políticos eran oradores expertos, e a súa palabra enchía as cámaras, enfervorizando ós seus seguidores pero tamén elevando o nivel de participación de xeito que eran os millores nunha natural selección, os que cobraban protagonismo. Era a proba evidentemente da forza da palabra.

Sábese que dos vintetres deputados galegos na Carrera de San Jerónimo, só un tercio intervén en dúas ou máis veces ó mes. As dúas terceiras partes, voluntaria ou forzosamente, están na práctica condenados ó silencio.

Falta saber se as culpas son dos deputados ou do sistema, se non se preocupan de intervir ou cada grupo político asigna a uns cantos determinados papeis e o resto queda condenado ó silencio.

Sexa como fose, que non se extrañe ninguén de que o papel dos deputados non se entenda claramente desde a rúa. Especialmente que non se extrañen os propios deputados e os seus xefes de filas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES