Outra volta de tuerca
lunes, 30 de noviembre de -1
O primeiro de xullo subíu o iva, do 16 ó 18% na súa tarifa normal. É o imposto que temos máis de preto, que nos afecta a cotío, e o máis recente en canto a creación. Afecta ó valor engadido, de xeito que se aplica polas empresas en todas as súas facturas, de maneira que pagándoo polo importe dos produtos adquiridos e cobrándoo polos vendidos, resulta que cada unidade empresarial factura pola diferencia, polo tramo correspondente á súa intervención no proceso comercial.
A subida do 16% ó 18% que agora se produce, froito da necesaria voracidade do Estado a falla de outras solucións máis imaxinativas, ven botar moita máis leña ó lume da crise que estes días se pon a proba agardando solucións que ninguén regalará.
Quen máis quen menos, procura retrasar no posible o incremento, empezando polos hipermercados que durante o mes de xullo regalan ós seus clientes en novas compras o importe correspondente ó aumento do iva aboado, e rematando polos numerosos pequenos establecementos que considerando xa teñen aboado o Ive dos productos en almacén, non o van aumentar en tanto non teñan que mercar novos produtos. Pero calquera operación de retraso é só unha ilusión que durará o tempo que tardemos en volver a unha realidade que non nos vai gustar.
É o que hai. Polo de agora. Poden seguir apretando. Como se non souberan facer outra cousa.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora