Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

300 liberados

viernes, 16 de julio de 2010
Para que poidan cumprir escrupulosamente coa súa función sindical, na Administración galega hai arredor de 300 funcionarios liberados do traballo que por pertenza á organización lles correspondería, para dedicarse en exclusiva á intermediación sindical.

Nada que ver esta situación con aquela vella Organización Sindical, onde os consellos de traballadores e técnicos formaban a representación que a legalidade vixente permitía, que algo debería valer cando das súas filas saíron moitos dos dirixentes que emprenderon o camiño da liberdade sindical.

Para a opinión pública poden parecer moito trescentos funcionarios dedicados en exclusiva á representación sindical; para os sindicatos, posiblemente sempre serán escasos. Pero o tempo que vivimos, con necesitar apoios diante da administración, parece esixir racionalidade e aforro tamén neste campo.

A conciencia sindical na Administración é moi feble, e escasa tamén a militancia, xa porque aínda non temos conciencia colectiva sindical, xa porque se poidan ver estas organizacións como contrapoderes ou mesmo poderes dedicados en boa parte do seu esforzo a consolidar e prolongar no tempo as vantaxes e prebendas de que gozan os seus dirixentes.

Un liberado renuncia ó seu posto de traballo, co que a Administración perde un especialista nunha determinada rama, e o seu cometido debe ser cumprido por persoal contratado que o substitúa durante o tempo que dure a función sindical.

Certo que a función sindical é imprescindible, pero a Administración e os Sindicatos deberían pulsar o sentir dos funcionarios, e obter opinións que os informen do por que teñen tan escasa forza as agrupacións sindicais dentro da Administración Pública.

Para Galicia, son moitos 300 liberados sindicais, nunha funcionarización nunha desexable da función sindical. ¡Que lonxe queda aquel apostolado sindical dos tempos heroicos onde cada representante era unha institución respectada e estimada!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania