Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chiringuitos

viernes, 13 de agosto de 2010
Inicialmente asignada a denominación para establecementos temporais ou definitivos asentados nas praias para atender ós bañistas, a palabra tivo éxito no mundo financieiro para denominar aquelas empresas ou institucións creadas con fins exclusivamente lucrativo, con escasa seriedade de planteamento, só entendibles desde os resultados inmediatos e moi rendibles.

O termo pasou logo á linguaxe administrativa coloquial para designar as entidades creadas polas propias administracións para poder funcionar como empresas privadas, soslaiando moitos trámites ou requisitos, mecanismos cos que as propias administracións se dotan para que a legalidade se cumpra.

Sociedades anónimas, patronatos, Xerencias, ou calquera outra fórmula axilizadora do funcionamento, xurdiron por centos nos tempos de entusiasmo económico, e agora sofren os mesmos problemas carenciais que as entidades que os crearon. Todo, independentemente da cor política dos promotores, que todos utilizaron o sistema polas facilidades de funcionamento que comportaba.

Agora, sempre en base ás enfermidades carenciais da nosa economía, o goberno da Xunta de Galicia parece decidido a poñer claridade no sistema administrativo “complementario”, tentando “instalar un cambio de cultura cara unha administración máis transparente e profesionalizada”, tanto na mesma estructura autonómica como na que se chama “administración paralela”.

Ben está se ese é o propósito e se algo se consegue. Que ata agora foi un loubar a Deus a facilidade coa que todas as Administracións medraban e se multiplicaban para atender os aspectos máis diversos, na seguridade de que cada función necesitaba un órgano poderoso e complexo.

Se hai menos chiringuitos e a Administración segue a funcionar cos tradicionais criterios, pode ser menos áxil, pero funcionarán os controis legalmente previstos en todo momento. E se, de paso, o aparato administrativo adelgaza e se abarata, pois mellor que mellor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania