Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facer caixa

lunes, 23 de agosto de 2010
Que as dúas grandes caixas de Galicia vaian xuntarse é algo que parece reconfortarnos a todos, porque deste xeito vaise formar unha entidade poderosa e activa que teña importante papel na economía do país e soporte mellor os avatares dun tempo económicamente difícil.
Que esta operación ten consigo custos importantes, tamén é asumido por todos, sabendo que vai supoñer a minoración do número de persoas que traballan nas entidades, o peche de moitas oficinas, pero tamén a percepción dos beneficios previstos pola Administración para este tipo de operacións de interese estratéxico para o país.
Pero o que non se entende é que as dúas entidades pretendan abandoar o accionado de Reganosa, unha empresa galega, de interese estratéxico no sector das enerxías, e que pode supoñer unha importante dinamización no occidente de Galicia e no sector enerxético. O goberno galego pide que a empresa pase a outra entidade galega o dereito de tanteo para poder entrar no accionariado, e o Psdeg ven de dirixirse ós directores xerais de ámbalas dúas entidades anunciándolles a súa oposición á retirada das caixas galegas do accionariado, pedindo que reconsideren esta decisión.
Ben farán as caixas en reconsideralo porque retirarse dunha empresa xenuinamente galega para facer caixa e afrontar comodamente outras accións ou atender outros sectores será moi difícil de comprender polos galegos, que saben que non poden agardar miragres nas decisións de alto nivel económico, pero saben moi ben que se as primeiras entidades de aforro do país non invisten en Galicia moi poucos poderán facelo, e constitúe deixación de funcións ou invitación a forzas foráneas a que se fagan máis fortes na nosa terra.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania