Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pavillón de repouso: A preparación do golpe

jueves, 28 de octubre de 2010
Estes días estiven a repasar o libro “Anatomía de un instante”, polo que Javier Cercas ven de acadar o Premio Nacional de Narrativa. Trátase dunha reconstrucción novelada do intento de golpe de estado levado a cabo por un grupo de militares, encabezado polo coronel Tejero, o 23 de febreiro de 1981. Os que vivimos aquela época lembramos perfectamente ese día, e ainda sentimos a tenaza no peito polas consecuencias terribles, persoais e colectivas, que terían sucedido de non fracasar aquela intentona.

Nun dos capítulos reconstrúe cómo se foi caldeando o ambiente nos meses previos. Porque aquel golpe, que algúns quixeron facer ver como obra dun solitario iluminado, tivo o seu caldo de cultivo e contou co apoio e aprobación dunha parte da sociedade civil. Con extraordinaria habilidade narrativa e profusa documentación vai recordando Cercas os preparativos, o aumento da temperatura mediática e social que fixo posible aquel suceso lamentable, transmitido por televisión a todo o mundo e que puxo en grave perigo o futuro inmediato deste país e a vida de moitas persoas que xa figuraban en listas negras pola súa implicación política na incipiente democracia.

No verán de 1980 a crise do país, baixo a presidencia de Adolfo Suárez –a quen hoxe todos recoñecen o seu grande valor histórico-, era cada vez máis profunda. A palabra desencanto púxose de moda. Os medios de comunicación falaban da necesidade dun golpe de lanceta. Políticos, empresarios, dirixentes sindicais e eclesiásticos e os xornalistas: todos esaxeraban a gravidade da situación. Pilar Urbano publicou un artigo en ABC: “Todos estamos conspirando”. Pois eso: conspiraban contra Suárez os xornalistas de ultradereita desde os seus xornais, daquela moi influintes; tamén conspiraban os financieiros e os empresarios; o partido da dereita, Alianza Popular, decía que a política da UCD non facía máis que empeorar a crise económica e rachar o Estado. Fraga advirte no Congreso, o día 19 de febreiro: “Si se quere dar o golpe de timón, o cambio de rumbo que todos sabemos necesario, vannos atopar dispostos a colaborar...”. Houbo unha intensa campaña de acoso contra Adolfo Suárez, na que participaron tamén algúns sectores do seu propio partido, e adicáronlle todo tipo de adxectivos: arribista, adulador, ignorante, trilero, pícaro, populista, incapaz.

A fortaleza da nosa democracia é hoxe incontestable. Pero hai maquinarias da sordidez que seguen a traballar. A dereita depredadora deste país practica o acoso contra o goberno actual, sen reparar nas consecuencias, utilizando estratexias semellantes ás de hai trinta anos. Dalle igual si estas maniobras nos deixan inermes ante a voracidade dos mercados do mesmo xeito que daquela nos puxeron ante os fusís dos militares.

Son os mesmos de sempre. Esa dereita voraz e soberbia, que ten un sentido patrimonial do poder. Observade, senon, a conducta dese alcalde de Valladolid que non ten reparo en relatar públicamente as súas ensoñacións libidinosas cunha ministra, deixando ver a consideración que ten pola muller e facendo ostentación dunha retórica soez e tabernaria. Os mesmos de sempre: ainda pensan que teñen dereito de pernada. Imaxino a Millán Astray, coa boca desdentada, celebrando a gargalladas a ocurrencia desta autoridade.
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES