Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quen cobra máis

jueves, 23 de diciembre de 2010
Nos concellos tense aplicado o principio non escrito de que ninguén cobre máis ca o Alcalde, polo que o soldo de este deberá ser fixado a partir dos emolumentos do funcionario de maior nivel, de xeito que aínda que a diferencia sexa mínima marque un status onde quede claro quen ocupa o primeiro posto no concello, en canto a retribucións.
Parece que eso mesmo debera ocorrir a escala provincial, autonómica e nacional, e que quen máis responsabilidade ten perciba maiores emolumentos.
En Galicia vense de poñer de manifesto que non ocorre así xa que quen máis gana na Administración autonómica non é o Presidente, máximo responsable, senón que este é amplamente superado por diversos altos cargos.
Os case 77.000€ de ingresos do Presidente da Xunta durante 2011, veranse superados polos dos xerentes dos grandes hospitais, o Presidente do Tribunal da Competencia, o Presidente de Sogama, o Director do Igape ou o da Crtvg, dos que se di percibirán importantes sumas, moito máis elevadas ca as do primeiro gobernante en razón á especial cualificación dos seus postos.
Ningún posto pode ser de maior cualificación que o da Presidencia do Goberno autonómico, do que todos dependen, eu os nomea a todos e supervisa a súa actividade.
Normativamente, as percepcións son perfectamente legais e como tales aparecen na correspondente Lei de Presupostos de Galicia. Pero non se entenden doadamente. Do Presidente abaixo ningún debe superar os seus emolumentos, por puro principio. Ninguén ostenta un posto máis cualificado nin de maior responsabilidade ca o Presidente da Xunta. E se todos estamos de acordo en que os controladores aéreos deben sufrir mermas nos seus abusivos ingresos, o mesmo ten que ocorrer con estes desfases económicos nas contas autonómicas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES