Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Uniformes

viernes, 07 de enero de 2011
Lonxano queda o tempo en que os uniformes escolares marcaban diferencias de centro, sendo estes atributo de centros educativos privados, preferentemente relixiosos. Así, o uniforme proclamaba que o estudiante non acudía ó ensino público senón a un colexio privado, coa conseguinte consideración especial.

Os uniformes deixaron de ser elementos elitistas, e van camiño de ser símbolos de todo o contrario dada a tendencia existente no ensino público de que os alumnos dos colexios que así o estimen conveniente leven uniformes que os distingan.

Dependerá do claustro e das asociacións de pais de alumnos, pero os novos uniformes que identifiquen ós alumnos dun colexio serán, por principio, igualitarios. Eliminarán todo o que se refire a marcas e elementos nunha lección permanente a aprender por parte dos estudiantes uniformados.

Outras comunidades teñen xa normativa ó respecto, potenciándose desde a administración a uniformidade nos traxes dos escolares. En Galicia, onde se está preparando o proxecto da Lei de Convivencia e participación da comunidade educativa, polo de agora é só unha intención, pero o camiño está marcado.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES