Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As ondas do mar maior

viernes, 18 de febrero de 2011
As ondas do mar de Vigo pasaron á historia da literatura mundial polas cántigas dun descoñecido trobador medieval, e desde Martín Codax somos posuidores conscientes dunha referencia de séculos de grandes ondas que nos cercan e nos levan, nun país no que o mar é moito máis ca un referente ou un medio físico.

En Galicia hai unha Consellería do Mar, e a través dela enterámonos de que o mar moi axiña pode ser -ademáis de fonte infinita de riqueza polos peixes e os mariscos- un mundo xenerador de enerxía limpa, chamada “enerxía verde”, xerada polas ondas do mar.

O primeiro proxecto do que se ten noticia vai nacer no coruñés porto de Cariño onde se vai poñer en marcha a contrucción e distribución de boias xeneradoras de enerxía a partir das ondas mariñas, que en Galicia pode chegar ós 2.000 xigawatios.

O noso país é a mellor zona de España para a explotación de enerxía procedente das ondas do mar, xa que por cada metro de instalación no Mediterráneo poden conseguirse 10kw, nas Canarias 20, 30 en Cantabria, e entre 40 e 45 kilowatios en Galicia, que poden chegar ós 75kw no inverno.

Este é o primeiro paso en Galicia para entrar na dinámica deste tipo de enerxía, auténticamente revolucionario, para o que estamos especialmente dotados, e que vai resultar vital nun tempo no que é esencial contar con enerxías limpas, propias, para que poida funcionar un entramado social cada vez máis necesitado de enerxía a precios razoables.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES