Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parque de bombeiros en Vilalba

martes, 01 de marzo de 2011
Teño o costume de botar unha ollada cada día ós boletíns da Xunta de Galicia e da Deputación, por se atopo novas de interese. E no do día 15 chamoume a atención o acordo da Deputación Provincial de adxudicar o servizo de intervención en emerxencias que abrangue os parques de bombeiros de Barreiros, Vilalba e Viveiro, a Vehículos y carrocerías Prieto Puga, na cantidade de dezasete millóns e medio de euros.

A concesión é por oito anos, e se dividimos por tres -que tres son os parques afectados- queda que a empresa cobrará arredor de mil millóns de pesetas, incluíndo o Iva, por atender o parque de bombeiros de Vilalba.

Por fin temos oficialmente parque de bombeiros para atender as emerxencias que xurdan na comarca, que máis que os propios incendios en si o que máis vale é a tranquilidade de saber que existe á nosa beira un servizo do maior interese.

Non é, nin nunca será, como en Portugal onde cada poboación ten o seu parque de bombeiros, perfectamente dotado, onde se turnan voluntarios procedentes da poboación que prestan desinteresadamente un servizo social de primeira orde.
Nunca aquí interesou o tema na medida que debera e os poderes públicos sometéronse ó fatalismo que supoñía depender dos servizos dos bombeiros da capital da provincia, ou xa nestes tempos de motobombas ou artiluxios similares.

Nos anos sesenta, cada incendio era unha traxedia, marcando para sempre as familias afectadas e os seus bens. E en Muras un lume acabou cun dos comercios máis importantes, no mesmo centro do pobo. E en Vilalba, na chamada “Carretera”, arderon dous comercios, un ó lado do Hotel Chao, e outro –unha zapatería- mesmo ó lado de onde hoxe está Radio Popular. Nada se salvou, que nada foi posible contra o lume, e varios días despois aínda había rescoldos.

Hai menos incendios urbanos na actualidade, que o non ser de madeira as estruturas elimina moitos riscos de incendio, pero a cambio apareceron e multiplicáronse os incendios forestais, polas causas que todos coidamos saber pero que ninguén da evitado. Pero o esixible é que exista unha dotación de persoas e medios preto dos lugares susceptibles de que se orixine un lume, para atendelo en tempo en forma, por profesionais na materia que garantan unha atención inmediata.

Os lumes son imprevisibles, e o seu combate non pode depender dunha dotación distante que, ademáis, pode estar desatendendo outros problemas para atender un tema lonxano.

O custo, polo que se ve, é moi importante, máis de mil cincocentos euros ó día, pero os previsibles resultados de prevención, atención de alarmas e extinción de sinistros compensan calquera esforzo económico. Benvido sexa o artellamento legal que permite o funcionamento do parque de bombeiros vilalbés.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES