Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sondeos e actuacións

jueves, 24 de marzo de 2011
Cada medio informativo procura ter os seus sondeos propios cando se trata de confrontacións electorais, para deixar constancia e facerse oir. Por outra parte, cada forza política ten sondeos feitos por encargo, imprescindibles para saber de primeira man a situación real dos seus votantes, da súa área de influencia, sen pasar antes por óptica que puidera ser dunha determinada tonalidade.
Con ser instrumento imprescindible de análise social, a ninguén se lle oculta que as enquisas son arma arroxadiza, instrumentos de presión, e sibilinos xeitos de movilización persoal dos grupos políticos en relación cos seus afiliados, e dos grupos de presión en xeral.
Porque un determinado resultado pode actuar como demoledor argumento contra unha forza política, mermando capacidade de reacción e dando todo por perdido, como pode resultar –axeitadamente utilizada- o revulsivo perfecto para conseguir que os militantes reaccionen contra un resultado adverso.
Nos últimos meses as enquisas veñen dando abrumadores resultados favorables ó Partido Popular nas próximas confrontacións electorais fronte ó Partido Socialista, que son asumidas como o resultado dunha xestión chea de problemas, unha situación de crise galopante, e a presunta necesidade dun gran cambio.
Por se acaso hai que situar cada dato no seu lugar, relativizando resultados, o Presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, sen dubidar dos resultados das enquisas advirte que o triunfalismo nunca foi bo, que a vontade de cambio parece clara, pero que as que veñen son unhas eleccións municipais que pouco teñen que ver cunhas eleccións xerais sobre as que especulan todos os sondeos e enquisas.
Estamos ás portas da gran confrontación, da que tanto se espera e se teme. Esquezamos enquisas e baixemos ó terreo onde todo se xoga e se decide. Escoiten os políticos ás xentes, coñezan os seus problemas, vexan a súa situación real. E actúen en consecuencia. É moi difícil, si, pero é a única maneira de obter un “sondeo” fiel do que vai pasar nas eleccións de maio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES