Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Investir en ladrillo

miércoles, 01 de junio de 2011
Durante moitos anos, o vulgarmente chamado “ladrillo” foi o principal motor da nosa economía, proporcionando numerosos postos de traballo, xenerando investimentos, fomentando o crédito bancario, dinamizando o conxunto económico ata xenerar unha burbulla que todos coñeciamos, que todos temiamos algún día fose reventar, pero que tamén todos exprimiamos ata as as últimas consecuencias, conscientes de que cada vez máis persoas dependían daquela ficción.

Mercábanse segundas vivendas en zonas de praia ou de montaña, nun tempo de euforia económica que se coidaba irreversible; os emigrantes mercaban pisos nas capitais dos seus concellos de procedencia pensando nun retorno de xubilación; os emprendedores mercaban pisos en construcción, sabendo que cando estivesen rematados gañarían sen risco cantidades fabulosas na súa venda.

Hai xa tres anos que todo se derrubou, e non leva trazas de remontar un voo que quedou lastrado para moito tempo. E hai paradas numerosas obras, innumerables pisos sen rematar nas nosas cidades, e pisos sen ocupar por falla de comprador ou alugador. Mentras a nivel do Estado a cifra de pisos sen vender se estancou ou reflicte unha pequenísima reducción, en Galicia non deixa de medrar, téndose incrementado no pasado ano en 1.500 vivendas ata chegar a un total de preto de 40.000.

O stock de vivendas sen vender en Galicia chega ó 2,5% de vivendas existentes, parella á porcentaxes de Andalucia, Castela-León ou Cataluña, moi distante do 4,1 de Valencia, o 4,3 de Castela-A Mancha, ou o 4,7 da Rioxa. Pero en Galicia, onde os precios caeron un mínimo 3,8% no primeiro trimestre do presente ano, o stock segue a aumentar sin que se aprecien perspectivas de melloría nin nas intencións de compra, nin na concesión de créditos bancarios, nin nas condicións económicas dos posibles compradores.

O “ladrillo” foi o detonante da crise, o maior signo externo. Agora segue a ser o mellor indicador da evolución das economías que, en canto rexistran melloría volven á vella e racial querencia de ter un piso propio para vivir e, cando é posible, un segundo para o lecer. Polo de agora, non se fala de investimentos, fálase de resistir todos os embates, e logo Deus e os deuses económicos dirán.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES