Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carreiro e atallo

jueves, 02 de junio de 2011
Quietos todos ata que o verme luceiro ata que o vagalume asome por entre as herbas do carreiro.

É raro falar de carreiros nunha cidade. Moi raro. Nas cidades tan só adoita haber rúas, beirarrúas, arteria, bulevar, avenidas e demais sinónimos, pero carreiros e atallos non soen imperar na urbe.

Non obstante, mira ti, eu paso todos os días por un carreiro que fai de atallo. Agora tamén é certo que xa non é tan carreiro. Porque o cimentaron e, claro, xa semella unha senda, unha pistiña. Tan só unha pistiña pola que non colle un coche. Deus!, tamén é verdade que tal atallo ou carreiro non pertence á cidade. Ou si.

O humorista Eugenio empezaría un dos seus chistes así: “sabedes aquel duns habitantes que a día de hoxe aínda non saben a que concello pertencen?” Iso pásalle aos da Finca Fierro. Tamén ao atallo ou carreiro.

Se pertence a Ourense, repito, é raro ver atallos e carreiros. Se pertence a Barbadás, raio!, xa é máis de aldea; xa é carreiro e atallo.

O verme luceiro sorrí aínda entre as herbas da beira e pensa na categoría de ser de cidade ou de aldea. Non che é o mesmo carreiro que avenida. Non che é o mesmo atallo que travesía. Hai categorías. O verme luceiro ou lucecú, agora si, asoma e xa brilla na noite. Resplandece o atallo ou carreiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES