Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Beber e conducir

lunes, 18 de julio de 2011
Agora que estamos en pleno verán, matizado pola adversa climatoloxía e polas restriccións forzadas pola crise económica, o tema dos accidentes está de plena actualidade, e as cifras de mortos e feridos especialmente nas fins de semana son manifestamente mellorables e sempre doorosas.
Sempre atenta a provocar as nosas reaccións máis directas, a Dirección Xeral de Tráfico está desenvolvendo do xeito máis directo unha campaña contra os accidentes de tráfico, especialmente os que son provocados pola inxesta de alcohol por parte dos conductores. Así, en determinados puntos da nosa xeografía, persoas en silla de rodas acompañan ós membros da Garda Civil para informar ós conductores das consecuencias de conducir cunha taxa de alcohol superior á permitida. Os informantes son membros da Asociación de Lesionados Medulares e Grandes Discapacitados Físicos, que evidencian diante dos conductores que calquera exceso pode ter tan graves consecuencias como as que eles sofren.
Se se pensa que o problema da bebida, a inxesta de alcohol, é un problema menor, aí están as cifras que obtivo o Departamento de medicina Legal e historia da Ciencia daniversidade de Salamanca, que evidencia que os adolescentes comezan a beber ós 14 anos, e collen a primeira borracheira arredor dos 16. Cifras que veñen a coincidir coas observacións de calquera persoa que se moleste en comprobar a realidade dos botellóns e saídas nocturnas dos nosos rapaces.
Beber é un problema social para os rapaces e as súas familias. Pero ese problema agudízase cando entronca coa utilización de calquera tipo de vehículos a motor, co que se pode convertir nunha traxedia.
O método utilizado por Tráfico para prever accidentes pode parecer truculento, pero utiliza realidades tan visibles como a mesma vida. E ninguén como o que sufriu un accidente de tráfico como para poder aconsellar a quen aínda pode evitalo.
O verán non ter porque converterse nunha traxedia para o que busca un xusto lecer. Teñámolo en conta. A todos os efectos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES