Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E se todo fose un manexo?

jueves, 29 de septiembre de 2011
Desde logo, se o mundo anda normalmente revolto, desde hai tres anos este caos tense acentuado de forma ben perigosa.
O que entre nós era o principal pilar da economía e da estabilidade, a construción, caeu como un castelo de naipes da noite para a mañá deixando detrás un territorio lunar cheo de cascotes. E detrás deste sector, foron afectándose todos aqueles que con el tiñan relación, ata chegar ó momento actual no que os termómetros económicos que veñen ser as bolsas, rexistran baixadas de infarto provocando perdas de miles de millóns de euros ás empresas mais saneadas e volvendo a índices que hai moito tempo estamos esquecidos.
Nin os máis afamados gurús previron a hecatombe, aínda que os que entón parecían agoreiros prognosticaban a final dunha época, sen que gobernos, empresarios e público prestásemos atención ós signos do apocalipse.
E o que era unha crise para un ano no 2008, foise prolongando no tempo, e agudizándose, chegando no momento actual a especularse que aínda queda unha longa travesía no deserto que pode durar unha década.
As forzas (económicas) que nos gobernan efectúan movemento especulativos a diario para investir e retirar ganancias, provocando sucesivos sobresaltos dos que nin os mercados nin nós nos damos recuperado.
E por veces asáltanos o temor, case a seguridade, de que simplemente están a xogar con todos nós, condicionando a nosa vida, forzando as nosas económías, e non porque o país – os países- vaian mal, senón porque índonos mal, ós que controlan os mercados vailles moi ben.
E esta sensación de inseguridade e manipulación non se esvae porque os gobernos actúen decididamente nos mercados e nos ámbitos económicos, xa que comprobamos a cotío que están inermes diante de forzas que os superan un día e outro, decisión tras decisión, apuro tras apuro.
E se todo fose un manexo?. Pois o resultado sería o mesmo, porque levamos tres anos agardando que os mercados se calmen e os mercados non se calmarán ata que os manipuladores estean satisfeitos, e nós totalmente domesticados para camiñar polos vieiros que nos queden cara onde os máis poderosos queren que vaiamos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES