Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

5.000 é o límite

lunes, 17 de octubre de 2011
A Unión Europea ten establecido en 5.000 o número dos habitantes dunha comunidade municipal para poder ser viable política, técnica e financeiramente. E en base a esa cifra fai todo tipo de cálculos e planificacións para o futuro.
Cando falamos de Europa seguimos considerándonos fóra e falamos desta unidade como algo que aínda está por riba de nós, fóra de nós; como se Europa seguise empezando nos Pirineos. E polo que a Galicia se refire, nalgúns aspectos así parece ser, porque as homologacións van lentas, condicionadas sempre polas nosas especiais circunstancias.
O da poboación dos nosos concellos é unha delas porque na actualidade dos 315 concellos galegos, so 115 superan esa cifra mínima de habitantes, e 200 están por debaixo dos 5.000 poboadores, e a cifra dos que non chegan ó límite non deixará de aumentar nos próximos anos.
A Federación de Concellos, a Xunta de Galicia e os mesmos concellos afectados non deixan de estudiar o tema, pero vai ser difícil plantealo e máis aínda conseguir fusións ou asociacións de concellos para facelos viables a un prazo medio.
A tendencia ata non hai moitos anos era disgregar entidades que polas circunstancias máis diversas conseguían un nivel de poboación que lles permitía unha vida independente, diante da natural tendencia a independizarse para posuir no lugar de residencia capacidade de decisión e afianzamento da personalidade do pobo. Pero esta tendencia chegou ó seu final e agora hai que implantala á inversa, coas dificultades inherentes o caso.
Xoga a favor a facilidade das comunicacións, os beneficios de mancomunar servicios, o exemplo das concentracións en centros educativos, os servicios médicos ou farmacéuticos. En contra só xogan os prexuicios e os afáns localistas que, polo de agora, son moito máis poderosos ca as vantaxes.
Terá que pasar tempo para que nos vaiamos convencendo, e os longos tentáculos de Europa vaian eliminando barreiras e facilitando accións, pero teñamos en conta esa cifra dos 5.000 como punto de referencia para facer viable un concello. O tempo, que case todo o vai conseguindo, logrará o que polo de agora só é un imposible necesario. A decisión da Xunta de conceder maiores axudas ós concellos que se asocien pode ser un bo camiño.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES