Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O meu imperio

lunes, 07 de noviembre de 2011
Viaxa o silencio por entre as silvas da conciencia, do recato e un paxaro fai o niño entre o ruxerruxe dunhas follas de salgueiro.

Cantan as chicharras por entre as cascas dos piornos e o ruído rebota contra os muros da indiferenza, da apatía.

Quere o lagarto ser dono do penedo e un raio de sol queima o nervio, a vitalidade da súa memoria. Hai medo no monte alto da extravagancia e os foguetes de luces pérdense por entre as nubes da ansiedade.

Detense o tempo no medio da noite e o silencio acouga á beira dos carpazos do monte Medo. Algún día ladrará o Uriarte cara ao ceo, como facía nos tempos de cando un era neno.

Mentres tanto, moito silencio na revista do imperio. O meu imperio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES