Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De bancos e intereses

martes, 22 de noviembre de 2011
O xoves pasado as cousas da economía puxéronse difíciles e o Banco Central Europeo tivo que vir “rescatar España”, como din os entendidos, para evitar unha caída estrepitosa nos mercados onde se xoga o noso presente e boa parte do noso futuro.
Do mesmo xeito que un particular ou empresa precisa acudir a unha entidade financeira para tramitar unha operación de crédito que lle permita afrontar calquera investimento especial, tamén os estados precisan acudir aos mercados a colocar a súa débeda – pedir un crédito, en definitiva- para poder seguir coa súa normal actividade.
E como se dun particular se tratase, os mercados estudian as ofertas-peticións estatais e aplícanlles determinadas condicións segundo sexa a solidez da súa situación, a garantía da súa devolución, e moitos outros factores que se nos escapan aos que non estamos metidos nas interioridades desas extrañas finanzas que nos gobernan e impoñen a nosa situación en relación cos demais paises e mesmo en termos absolutos.
Que os bancos son os que teñen as chaves dos créditos e manexan intereses e condicións, tiñamolo perfectamente asumido. Pero recentemente vemos asomar cada vez con máis forza outras entidades mais etéreas e inconcretas, bautizadas xeneralmente como “mercados” que evidencian estar por encima dos bancos. E dos gobernos. E traen de cabeza a organización e gobernos do conglomerado de países que coñecemos como Europa – Unión Europea – que tiña nacido para dar personalidade propia a este occidente, como contrapeso ós grandes bloques políticos mundiais, e que nin siquiera da podido coas forzas económicas que xorden do seu conxunto.
Cos bancos e intereses aínda nos vamos entendendo, a pesar das restriccións de créditos e do endurecemento das condicións. Con esas outras entidades e as súas condicións, nada podemos facer a escala persoal ou local. E haberá que ver se os mesmos Estados, e o seu conxunto, son quen de saír con ben desa loita soterrada que as entidades económicas escuras e innominadas –que a falta doutro nome máis claro chamamos “mercados”- teñen desatada co ánimo decidido de someternos de por vida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES