Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O legado exemplar de Isaac Díaz Pardo

viernes, 06 de enero de 2012
Sorprendente noticia de lutuosa nacional a que anuncia o pasamento de Isaac Díaz Pardo, preclaro galego e iniciador de tantos eventos e de tantas empresas con identidade propia onde Galiza ten o seu respiro: espellismo dun temperamento indomábel, cuxos horizontes lonxincuos non teñen límite. Galiza está ordenada no pensamento e na obra de Isaac en moitas dimensións.

Unha obra total a imitar e emitir en numerosas frecuencias patrióticas dun home íntegro e pulsor dun civilismo que encara moitas rebeldías, nunca desordenadas.

Velaquí o home fraterno que a ninguén poñía trabas ou impermeabilidades no que tocaba traballar en común. Isaac nunca negou apousento a persoas con diversas iniciativas. Aí está ese celme reivindicativo de ser leal co noso País. A integridade de Isaac Díaz Pardo é un suculento legado a non falsear, a non esquecer, a non deixar que ninguén se apropie del. É un legado, moralmente de todos, sobre todo daqueles que continúan edificando País.

Isaac, na súa vida, tivo que soportar miserias, persecucións, exilios, desfeitas familiares –como foi a do asasinato do seu pai, Camilo Díaz Baliño en 1936-. Tivo que soportar outras desfeitas e traizóns daqueles que morden a mao de quen os sustenta. Mais Isaac, no fin de súa peregrinaxe, déixanos ese legado de coherencias, de silencios construtivos, de prioridades inaprazábeis e de ollar unha Galiza con menos incertezas.

De Isaac Díaz Pardo emerxen múltiples referencias, todas elas positivas e que emanan do identitario, de todo aquilo que personifica engrandecer Galiza. Aí fica íntegro o pintor, o fundador de cerámicas de Sargadelos e do Castro, de Ediciós do Castro, e doutras entidades dinamizadoras que responden a unha aspiración que el sempre mantivo: normalizar Galiza.

Váisenos o home, mais non o seu espírito dinamizador e sustentador de tantas exemplaridades que nos deixa como legado cívico e activo.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES