Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

18 poetas, só 18

martes, 06 de marzo de 2012
Sempre a poesía tivo proclamas atrevidas, belixerantes, impetuosas e libertarias que amosan encanto e xerminan irmandade colérica contra tantas aberracións odiosas no que nos perturba e nos incita para protestar.

Galiza, terra pródiga en poetas, nunca foi cuestionada nos dons e nas proezas líricas, a non ser por un dos grandes poetas do “Siglo de Oro” castelán, que a non ter prebendas do Conde de Lemos, falou da inexistencia de poetas galicianos, claro que estaba nos tres séculos escuros de latón e non de ouro. Pero é que ignoraba toda a proxección de trobadores e xograres galego-portugueses que dinamizaron unha das maiores manifestacións líricas de Occidente nos séculos XII e XIII, dándonos aínda esa renovada primicia nos Cancioneiros Medievais? Coido que non, pero era mester degradar a Galiza en son de mando como sempre Castela fixo.

E dende eses trobadores até hoxe hai toda unha culminación creativa que perdura e abre portas ao futuro, grazas a constancia deses poetas en permanecer na lingua que fai comunidade e evita dispersións.

Apoteóticas mostras de permanencia no noso idioma, esclarecen os nosos poetas, sempre cunha dirección e con moitas esperanzas de darlle continuidade ao mais esencias que temos os galegos como é o noso idioma. Isto é o que fixeron os 18 poetas, unindo esforzo, valentía e conciencia publicaron seus poemas nunha suxerinte edición de autor, ben traballada e articulada. Poetas novos, a maioría deles, que en prodixiosa harmonía unificaron forzas e tenacidade para que a creatividade poética non ficase esmorecida nin usurpada.

A nómina destes 18 poetas é a seguinte: Iolanada Aldrei, José Manuel Barbosa Álvares, Iria Bragado, Simón Cabo Escribano, José Alberte Corral, Henrique Doria, Dara Escribano Lorenzo, Francisco X. Fernández Naval, Alexandre Insua Moreira, Enrique Leirachá Gutiérrez, Virgílio Liquito, Cruz Martínez Vilas, Fernando Martinho Guimarães, Jaime Moreda Santamaría, Fernando Luís Pérez Poza, Fernando Rodríguez Carpizo, Alfonso Rodríguez Rodríguez e rosanegra (Rosa Martínez Vilas).

Estes 18 poetas, cos seus rexistros e súas modalidades, confirman que os recursos que lles ofrece a nosa lingua, tamén a portuguesa, dado que neste poemario hai algúns poetas lusos, poden proclamar a palabra certa e comunal en que a nosa poesía ofrenda toda a súa potencialidade que este grupo de poetas denomínase, Círculo Poético Aberto. Tan aberto en retrospectivas que multiplica o xermolar de outra primavera, exaltada e nunca restrinxida, que se suma a esas anunciadas mil primaveras cunqueireanas.

18 poetas, só 18, de momento, completan a incontinencia de poetas que procuran futuro para a nosa lingua en moitas das modalidades expresivas e de forma que neste libro fican expostas. Cada un destes 18 poetas proclama a súa liberdade creadora, que xa non é pouco. Así é como este grupo de poetas conforma seu apousento no Olimpo da poesía galega actual.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES