Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non Xove nuclear

miércoles, 11 de abril de 2012
Non Xove nuclear En 1973 a prensa recolle a intención de FENOSA de instalar unha central nuclear en Regodela (Xove) a través das súas filiais Electra del Viesgo e Hidroeléctrica del Cantábrico. FENOSA poría o 60 % da inversión, as filiais o resto. O investimento total ascendía 100.000 millóns de pesetas. Íanse poñer catro xeradores de 900 megavátios cada un. O sistema de refrixeración da central estaba baseado na propia ría.

Estimábase que esta central xeraría 2.000 postos de traballo, aínda que xa no proxecto quedan reducidos a 200. A nova (manipulada pola prensa do réxime) é recibida nun principio con escepticismo; pero a partir de 1974 a oposición de esquerda organízase en contra da central. Cómpre destacar que nesta ocasión as forzas nacionalistas foron o verdadeiro motor da protesta, xa que o PC (influenciado pola URSS) non vía con malos ollos o proxecto.

A gran peculiaridade desta loita é que se realiza a través do asociacionismo cultural, tratando de fuxir de cores políticas, que debían de permanecer na sombra. A través da ASC Sementeira, a Unión do Pobo Galego (UPG), os CALL e os CCLL, intentan artellar a oposición á central. Dita asociación, organiza en Viveiro un seminario no que interveñen o profesor Beiras e o enxeñeiro Mario Casas; ao que a empresa responde con outro acto informativo que tería unha ampla contestación dende o público asistente.

Do 73 ao 77 sucédense as protestas, apoiadas por diversos intelectuais galegos. Mais foi neste último ano cando se xesta e se leva a cabo o acto central da loita: convócase para o 10 de abril unha marcha entre Viveiro e Xove. Esta marcha, é prohibida polo Goberno Civil, ante o que se decide adiantala un día. O 9 de abril, milleiros de persoas camiñan en ringleira sen que se produzan incidentes. Xa en Xove, no adro da igrexa, interveñen Emilio López, Moncho Valcarce (o cura das Encrobas) e un veciño de Xove. En xaneiro do 78, centos de persoas maniféstanse na praia de Esteiro; e no mes de maio de 1979, repítese a marcha Viveiro – Xove cunha afluencia de 10.000 persoas.

Sen dúbida, en Xove, conseguiuse a desnuclearización de Galicia, paralizando un proxecto que tería marcado a ferro o noso destino colectivo. E fíxose dun xeito absolutamente orixinal: informando a través do asociacionismo cultural e esquivando á Garda Civil co adiantamento das mobilizacións para a véspera do día previsto. En Xove, Galicia xogouse o futuro, e os veciños de Xove souberon gañar, para todos os galegos, o dereito á saúde e á prosperidade individual e colectiva.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES