Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Orozco facendo o paseíño

lunes, 16 de abril de 2012
O paseiño de imputados diante das portas dos xulgados paréceme unha vexación pública á que tería que poñer coto quen teña sentido común e autoridade para gobernar estas cousas. Bastante é estar implicado nun proceso penal, culpable ou inocente, e supeditarse aos dictames da Xustiza como para tamén ter que someterse a outros sufrimentos colaterais.

Como lucense non me parece de recibo que o meu Alcalde, sexa quen sexa, neste caso Xosé Clemente López Orozco, que representa a cen mil lucenses máis, teña que acudir ao xulgado a declarar “con pompa e circunstancia” porque un lucense implicado en problemas xudiciais o mencionou, como a outros varios, como copartícipe dun delito por el cometido.

Quen confesa un delito diante da xudicatura está pedindo a berros ser mantido con cargo aos presupostos do Estado nunha institución penitenciaria, que por certo parecen reunir condicións de habitabilidade aceptables. E por eso é difícil de entender que Dorribo confese ter sobornado a diversas autoridades, e a raiz deso quede en liberdade. Sendo, eso si, natural que a esas autoridades se lles pregunte polo caso.

Pero sobre a presunta implicación de Orozco na posible concesión dunha licencia irregular a cambio do patrocinio do Arde Lucus, eu que andiven seis anos polos pasillos da primeira Casa lucense non entendo ben de que se lle acusa, porque as licencias concédeas a Comisión municipal de Goberno, que si preside o Alcalde, pero para que unha licencia se conceda deberá estar avalada por un equipo técnico e un proceso administrativo nos que varios terían que caer se cae o alcalde, e a saber a quen lle tocaría primeiro.

Naturalmente, o secretario xeral do concello, e os funcionarios que del dependen, se unha licencia “coxea” por falta dalgún informe favorable tería que facer e faría advertencia de ilegalidade flagrante.

O de “Pleitos tengas y los ganes” evidencia o temor que os nosos devanceiros tiñan polos temas que entran en consideración xudicial. E líbreme o ceo de pensar que eso é un “cachondeo” (o alcande andaluz Pacheco pasou á historia por unha frase así), pero considero que o perigoso tribunal popular do que todos formamos parte imparte condenas a sinistra e destra sen instrucción, sen probas nin interrogatorios, sen avogado defensor nin fiscalía. E o que o pobo xulga na terra –ás lixeiras e fiándose de faladurías- só se pode amañar na outra vida. Nesta xa non ten amaño.

Volvendo a Orozco: Lugo merece mellor trato. E ó seu Alcalde, mentras haxa presunción de inocencia, evitárselle máis desfiles pola inexistente alfombra da fama.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES