Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ameazante Ive

jueves, 03 de mayo de 2012
No programa de recortes, voltas de tuerca e demais procedementos de apropiación debida que afronta este Goberno, asumido a priori como necesario para sacar ao Estado español da postración na que se atopa, imos experimentando un “crescendo” semanal derivado dos acordos que toma cada venres na súa reunión semanal o Consello de Ministros.

Que non só son recibidos os acordos en firme tomados cada semana senón tamén se teñen en conta os anuncios de futuro, creados sen dúbida para que nos vaiamos acomodando mentalmente ao que nos espera, e teñamos en conta que moito camiño queda por andar nesta travesía polos desertos económicos.

A noticia de que o que ano que ven se vai incrementar o Ive non é das máis tranquilizadoras, xa que se trata do imposto máis directo e de maior impacto en todas as transaccións comerciais.

O de que para as empresas non significa gran impacto porque ao Ive cobrado hai que restarlle o Ive soportado, e a diferencia é o que a empresa ou empresario individual ten que ingresar na Facenda pública é unha verdade a medias, porque se o incremento non repercute nas operacións matemáticas a efectuar si o fai porque o usuario ou adquirente dos bens de calquera empresa ve encarecido o producto precisamente na porcentaxe que o Ive aumente.

Coas medidas que o Goberno está tomando, se non consegue a cuadratura do círculo, alomenos está poñendo portas ao campo económico, de maneira que todo o que circule por ese inmenso predio ten que aportar a parte que lle que corresponda. Pero fanse esperar as outras medida que todos estamos agardando como hai unhas semanas agradábamos polas choivas que se facían esperar.

Nada hai polo de agora que anime o panorama para traballar e cotizar. A cotizar xa estamos todos chamados. E todos seguro que queremos facelo. O que agora fai falla é saber sobre que podemos cotizar cando cada vez se retrae máis o xa pequeño mundo da nosa economía, e as arcas baleiras non permiten máis esforzos.

Chegará o momento en que os procedementos recaudadores sexan perfectos. Só falla que naquel momento haxa algo sobre o que recaudar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES